CENTRO AUTONÓMICO DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN (CAFI)
O Centro Autonómico de Formación e Innovación ( CAFI) é o organismo que se ocupa de deseñar as accións de formación permanente do profesorado na Comunidade Autónoma de Galicia (España), en niveis non universitarios. A súa misión é promover o desenvolvemento profesional do profesorado para mellorar a súa práctica educativa, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e deber de todo o profesorado de continuar a súa actualización científica, didáctica e relacional.
O CAFI desempeña labores de coordinación na Rede de Formación Permanente do Profesorado de Galicia, á vez que ofrece formación e asesoramento educativo directo a 213 centros educativos, e as súas correspondentes ENAPAS (Escolas de Nais e Pais). Así mesmo, entre as súas principais funcións, cabe citar o deseño e desenvolvemento da formación a distancia; a elaboración de materiais didácticos e de apoio á acción educativa; a colaboración con outras institucións en accións relativas á formación permanente e á innovación educativa; e a implantación de programas innovadores e outras iniciativas de reforma, incluída a adaptación ou o desenvolvemento de modelos de formación que despois se difunden e aplican a través da Rede de Formación Permanente do Profesorado.
C/Lamas de Abade, s/n
15702 Santiago de Compostela
Tfno: (+34)981 522 411
Web: www.edu.xunta.gal/portal/cafi